Denuncian a colocación de pacientes nos corredores da área Covid das urxencias do CHUS

Denuncian a colocación de pacientes nos corredores da área Covid das urxencias do CHUS
Denuncian a colocación de pacientes nos corredores da área Covid das urxencias do CHUS

Así o denuncian dende a Asociación de pacientes


"A pesares de estar ante unha situación de grave crise sanitaria a xerencia e os responsables dos servizos de urxencias do CHUS  tamén colocan nos corredores, en cadeiras de rodas e padiolas, aos pacientes que temos síntomas de infección ca COVID-19, en espera de obter resultados das probas clínicas para despois, no caso de ser positivos, pasar a zona de atención",, así denuncia a Asociación de pacientes a situación que se vive no Clínico de Santiago de Compostela. 

En concreto, relatan que o día 14 de xaneiro ás 21:30 horas había 10 pacientes e o día 15 preto da unha da madrugada eran 15 os que estaban "padecendo esta situación de maltrato e exposición ao virus. Un paciente nos remite unha foto da situación do corredor ás 20:00 horas, na se observa pacientes en padiolas e cadeiras de roldas", sinalan.

No ámbito sanitario, non debería ser necesario dicir que os corredores da zona COVID-19 de urxencias son zonas de paso sen illamento e onde a probabilidade de infección é altísima para calquera persoa que permaneza nel sen diagnóstico positivo de infección. "O grao de envilecemento e impunidade do que fan gala os responsables sanitarios é de tal calibre que non só vulneran o noso dereito a intimidade e a dignidade senón que ademais nos expoñen sen protección real algunha a un virus de efectos mortais para moitos pacientes", deuncian. 


Comentarios
Lo más