O Pino suspende as actividades e escolas deportivas pola evolución da covid-19

O Pino suspende as actividades e escolas deportivas pola evolución da covid-19
O Pino suspende as actividades e escolas deportivas pola evolución da covid-19

Mantéñense as clases de bolillos e costura, porque os grupos son dun máximo de 4 persoas

O Concello do Pino decidiu suspender todas as actividades deportivas para adultos e tamén as escolas deportivas municipais para o alumnado do colexio, por mor da evolución da pandemia da covid-19 e as novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia. A medida manterase ata que melloren as condicións sanitarias.

Todas as actividades deportivas para adultos, que xa contaban con grupos reducidos e que se viñan desenvolvendo nos polideportivos de Lameiro e de Pedrouzo, quedan suspendidas ata novo aviso. O mesmo ocorre con todas as actividades das escolas deportivas municipais.

Polo que respecta ás actividades culturais, seguirán impartíndose as clases de bolillos e de costura, porque xa contaban con grupos reducidos de 4 persoas.

Con esta medida, o goberno do Pino “quere contribuír coas autoridades sanitarias a evitar a propagación da pandemia. Pedímoslle comprensión á veciñanza. Sabemos que estas medidas causan molestias, pero nestes momento o máis importante é evitar posibles focos de contaxio”, sinalou o alcalde, Manuel Taboada.

Comentarios
Lo más