Rois suspende todas as clases de actividades municipais, e as colectivas da Escola de Música

Rois suspende todas as clases de actividades municipais, e as colectivas da Escola de Música
Rois suspende todas as clases de actividades municipais, e as colectivas da Escola de Música

A medida afecta ás clases de inglés, ás de teatro e ás de arte creativa

O Concello de Rois decidiu cancelar todas as actividades educativas e culturais promovidas polo propio concello para contribuír, deste xeito, a loita contra á covid-19, e por causa das novas restricións aprobadas pola Xunta.

A medida adoptada polo Concello de Rois afecta ás clases de inglés, ás de teatro e ás de arte creativa que impartía Camilo Seira, que quedan suspendidas. Tamén se cancelan todas as clases colectivas da Escola Municipal de Música (música en movemento, linguaxe musical, harmonía e creación musical, e grupo instrumental/combo). A intención do equipo de goberno é recuperar estas actividades en canto mellore a situación sanitaria provocada polo coronavirus.

Dende o Concello piden comprensión ás familias e persoas afectadas. “Nestes momentos tan complicados, e coa incidencia acumulada pola covid-19 medrando a diario, entendemos que suspender estas actividades, nas que participan moitas persoas, sobre todo menores de idade, é unha medida prudente para contribuír a erradicar esta pandemia”, sinala a concelleira de Cultura, Victoria Quiroga.

Comentarios