Os hostaleiros de Santiago 'súbense ao bus' para protestar

Os hostaleiros de Santiago 'súbense ao bus' para protestar
Os hostaleiros de Santiago 'súbense ao bus' para protestar

O sector denuncia o trato discriminatorio que sofre cunhas restricións completamente desproporcionadas e que están acabando con numerosos negocios e postos de traballo

Membros das asociacións Hostalaría Compostela e Bares, Pubs e Discotecas de Compostela participaron este venres nunha acción de protesta que se levou a cabo no Camiño Novo de Santiago coa que quixeron evidenciar "o trato discriminatorio" que sofren e que as actuais restricións aos sector son "completamente desproporcionadas e non serven para reducir a mobilidade na cidade".

A hostalaría soporta as medidas máis duras –no caso ocio nocturno acumulando xa once meses sen poder traballar- para tratar de conter a pandemia -e a vista dos resultados, sen éxito-, mentres que outros sectores poden seguir traballando en condicións que distan moito das recomendacións feitas polas autoridades sanitarias.

Como exemplo, os hostaleiros manifestáronse na parada de autobuses do Camiño Novo onde puideron comprobar a cantidade de persoas que ocupan as beirarrúas, sen gardar a distancia de seguridade, e se desprazan nuns autobuses comarcais completamente cheos. “O bar pechado, o bus abarrotado’” foi unha das principais proclamas do sector durante o acto.

Poder traballar

Os hostaleiros reivindicaron o seu dereito a traballar e recordaron que o incremento dos positivos durante as festas de nadal non é responsabilidade do sector. No pasado decembro os bares e restaurantes non acolleron nin festas nin ceas de empresas e sufriron unha diminución dos ingresos dun 80% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Nese período si que houbo unha mobilidade específica noutros ámbitos, como festas privadas, onde non hai ningún tipo de medidas de seguridade nin hixiene.

Os hostaleiros continuarán nos próximos días coas mobilizacións para tratar de buscar unha fórmula acordada que permita desenvolver a súa actividade e que trace a medio prazo unha estabilidade no conxunto do sector.

Comentarios
Lo más