Sol e frío en Compostela

Sol e frío en Compostela
Sol e frío en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 14 graos

Galicia continuará baixo a influencia das altas presións. Deste xeito, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior que darán paso a ceos con alternancia de nubes e claros, estando máis despexados canto máis ó leste. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán do sudoeste, frouxos en xeral.

En Santiago, teremos ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar moi anubrados. Agárdanse precipitacións o martes. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado. Vento forte do Sudoeste o martes pola noite.

Comentarios