Iago Fernández proclámase vencedor do I Torneo de Xadrez en Liña de Nadal de Rois

Iago Fernández proclámase vencedor do I Torneo de Xadrez en Liña de Nadal de Rois
Iago Fernández proclámase vencedor do I Torneo de Xadrez en Liña de Nadal de Rois

Os trofeos enviáronse por correo

Iago Fernández Ramos, de Noia, proclamouse campión do I Torneo de Xadrez en Liña de Nadal de Rois disputado entre os días 28 e 30 do pasado mes de decembro e no que participaron un total de 24 nenos e nenas da contorna.

Por detrás de Iago, quedou en segunda posición Nicolás Outeiral Suárez. Foi terceiro Noel Casares Pedride. O primeiro clasificado local foi Pablo Abaña García.

Os trofeos enviáronse por correo por causa das restricións de mobilidade impostas para frear o avance da covid-19, que imposibilitaban que algún dos gañadores puidera desprazarse.

Comentarios
Lo más