Rematadas as obras do Bosque do Peregrino no monte de Ventosa

Rematadas as obras do Bosque do Peregrino no monte de Ventosa
Rematadas as obras do Bosque do Peregrino no monte de Ventosa

O  Concello de Ames vén de crear no monte de Ventosa, na parroquia de Covas, o Bosque do Peregrino, onde se plantaron 35 árbores autóctonas como carballos, castiñeiros, freixos, sobreiras e bidueiros

Deste xeito, dótase ao entorno dunha paisaxe típica de monte galego. Ademais, habitouse un miradoiro dende o que os/as peregrino/as do Camiño Fisterra-Muxía, así como a veciñanza de Ames, poderán desfrutar das vistas da do Val da Maía. Nesta actuación investíronse preto de 20.000 euros. Ao longo de 2021 completarase con novos equipamentos (un parque infantil, unhas mesas, unha fonte e un panel informativo).

As obras para habilitar este novo espazo, denominado “O Bosque do Peregrino”, situado no monte de Ventosa, en Covas, realizáronse cun investimento de 19.149,25 euros. Neste lugar habilitouse un novo miradoiro con vistas ao Val da Maía, que se une a outro emblemático miradoiro como é o do Monte de San Marcos.

Deste xeito, realizouse unha plantación de 35 árbores autóctonas como carballos, castiñeiros, freixos, sobreiras e bidueiros. Deste xeito, dótase ao entorno dunha paisaxe típica de monte galego. As actuacións que se realizaron tamén incluíron un peche perimetral da zona con postes de madeira tratada de 1,5 metros de altura. Ademais, instalouse unha pasarela que conta cuns bancos para que os peregrinos e peregrinas poidan desfrutar desta paisaxe.

O alcalde de Ames, Jose Miñones, explica que “se creou este espazo nesta zona verde da urbanización Pedra Dourada porque está ao carón do Camiño Fisterra-Muxía. Deste xeito, preténdese crear un lugar de descanso para os e as peregrinas que percorran o Camiño de Fisterra-Muxía”.

Novos equipamentos para O Bosque do Peregrino

Está previsto que todas estas instalacións se complemente, ao longo deste ano que acaba de comezar, cun parque infantil, unhas mesas, unha fonte e un panel informativo.

Deste xeito, preténdese que a veciñanza de Ames tamén poida desfrutar deste espazo e que non estea soamente dirixido aos peregrinos e peregrinas.

Á visita de finalización das obras acudiu o alcalde de Ames, Jose Miñones, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, xunto co concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Rural, Manuel Lens.

O concelleiro de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, Manuel Lens, afirma que "o que buscamos é que tanto o peregrino, como calquera outro visitante ou veciño/a de Ames, poida desfrutar relaxadamente dunhas vistas espectaculares do Val da Maía. Quedan aínda cousas por facer, pero, ben seguro, que vai a ser un dos lugares máis visitados do noso fermoso concello”.

Tres Camiños de Santiago pasan por Ames

Ata este miradoiro do Peregrino poderán chegar o/as camiñantes da ruta Xacobea Fisterra-Muxía. Cómpre lembrar que tras a oficialización do Camiño da Ría Muros-Noia o pasado mes de decembro, Ames pasa a formar parte de tres itinerarios Xacobeos xunto co Camiño Portugués. Deste xeito, dáselle a oportunidade ao municipio de Ames de dar a coñecer o seu territorio e de desenvolver o turismo e a economía local.

Comentarios