Sol radiante, pero frío

Sol radiante, pero frío
Sol radiante, pero frío

As temperaturas oscilarán entre os 4 e os 15 graos

Aínda durante o luns Galicia estara baixo influencia anticiclónica. Deste xeito, o ceo estará despexado en xeral, con néboas en comarcas do interior pola mañá. As temperaturas non terán cambios ou lixeiros ascensos. O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral, aumentando ó final do día a moderado.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o martes e o mércores. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán. Vento forte do Sur o martes pola noite; e forte do Sudoeste o mércores pola tarde.

Comentarios
Lo más