Chega a chuvia a Compostela

Chega a chuvia a Compostela
Chega a chuvia a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 10 graos

Durante o martes Galicia irá perdendo a influencia do anticiclón, coa chegada dunha fronte moi activa cara á noite. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis claros no norte e leste. Co avance da tarde os ceos iranse cubrindo e comezarán as chuvias que pola noite chegarán a toda Galicia e serán especialmente intensas na metade oeste. As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos, de novo con xeadas na provincia de Ourense. O vento soprará forte do sur, con refachos moi fortes á noite no litoral e zonas altas.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o martes, o mércores e o xoves. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado. Vento forte do Sur o martes pola noite; forte do Sudoeste o mércores pola tarde; e forte do Sudoeste do xoves pola mañá ó xoves pola tarde.

Comentarios
Lo más