CA esixe solucións para o persoal que quedou sen traballo despois de que o Concello asumira o servizo de autobús ao aeroporto

CA esixe solucións para o persoal que quedou sen traballo despois de que o  Concello asumira o servizo de autobús ao aeroporto
CA esixe solucións para o persoal que quedou sen traballo despois de que o Concello asumira o servizo de autobús ao aeroporto

Jorge Duarte lamenta a pasividade do Goberno de Bugallo “que non buscou alternativas para os traballadores nin mediou coas empresas”

Compostela Aberta reclamará no Pleno da próxima semana que o Goberno local adopte medidas para que o persoal que traballaba na liña de autobús ao aeroporto recupere os seus postos, que perderon a finais de decembro cando o Concello asumiu o servizo. O concelleiro Jorge Duarte defenderá unha proposición na que se defende a subrogación destes empregados, “que viven nun auténtico limbo porque nin foron despedidos pola empresa que cubría a ruta cando era competencia autonómica, nin foron contratados pola empresa actual, de xeito que non están cobrando unha nómina pero tampouco poden pedir o subsidio por desemprego porque os seus despedimentos non foron oficializados”. O edil de CA incidiu en que “a situación na que se atopan estes traballadores é consecuencia directa do atraso do Goberno na licitación do servizo de transporte público”.

Na proposición que será debatida no Pleno, Compostela Aberta pide que na próxima licitación do transporte urbano se incorpore a obrigatoriedade de subrogación de todo o persoal básico da liña de autobús ao aeroporto, actualmente incorporada á liña 6. Tamén se insta ao Goberno local que medie coa anterior concesionaria da ruta, a empresa Freire, e coa actual, Tralusa, para que se aprobe un Laudo arbitral no Consello Galego de Relacións Laborais para que a anterior subrogación sexa de obrigado cumprimento; así como para solucionar a situación dos oito conductores que quedaron na rúa o pasado 23 de decembro.

Pasividade do Goberno local

O concelleiro de Compostela Aberta explicou que durante o pasado mandato o Concello chegou a un acordo coa Xunta para asumir as liñas de transporte dependentes da administración autonómica que tiveran orixe e destino dentro do termo municipal de Santiago. Jorge Duarte lembrou que a previsión era que esa transición se completaría a finais de 2020, como así aconteceu. De feito, apuntou o edil, “a Xunta confirmoulle ao Concello no pasado mes de setembro que a transición se faría o 23 de decembro, e neses máis de tres meses o Goberno de Bugallo non se preocupou en estudar distintas opcións, como podería ser negociar a continuidade do servizo, como fixo coas outras liñas autonbómicas; ditar unha orde de continuidade á empresa Freire; ou negociar con Tralusa que incorporara aos traballadores desde que empezou a xestionar a liña”.

Para Jorge Duarte, “non é entendible que o Goberno se limitara a acordar que a actual concesionaria do transporte urbano, Tralusa, prestara o servizo da liña ao aeroporto integrándoo no percorrido da liña 6 que comunica San Marcos cos Tilos; sen preocuparse en ningún momento polo futuro do persoal que atendía a ruta coa concesionaria Freire”. O resultado, engadiu, é que “este persoal leva desde o 23 de decembro na rúa, sen poder solicitar o subsidio por desemprego porque os seus despidos non foron oficializados por Freire, que lles comunicou que serían subrogados por Tralusa, algo que finalmente non aconteceu”.

Atraso na licitación do transporte urbano

O edil de CA sinalou que “a orixe deste conflito está no atraso na licitación do novo servizo de transporte urbano, pola que levamos esperando 20 meses”. Joge Duarte lembrou que “en xuño de 2019, o Goberno de Bugallo recibiu uns pregos para iniciar a licitación, que incluían un novo deseño das liñas contrastado no marco do Pacto Local pola Mobilidade e no que se tiña en conta o acodo coa Xunta para a asunción, por parte do Concello, das liñas autonómicas que discorrían por Santiago”.

Para o concelleiro, “xa non hai máis desculpas para que o procedemento de adxudicación se siga demorando, e que sigamos descoñecendo cales son as previsións do Goberno con respecto a un dos servizos máis importantes que tén que prestar a administración municipal”.

Comentarios
Lo más