Mentres se pasan a bola, Ortoño segue sen bus

Mentres se pasan a bola, Ortoño segue sen bus
Mentres se pasan a bola, Ortoño segue sen bus

O Concello pídelle a Xunta que repoña a liña, Santiago di que se non paga él que apoia a continuidade e o PP de Ames di que se so e tema económico, pode o Concello facerse cargo

O Goberno municipal de Ames reunise por segunda vez coas asociacións de veciños afectados pola retirada do servizo de autobús urbano de Santiago a Ortoño. Na xuntanza, o alcalde expuxo os temas falados nas xuntanzas que se mantiveron nos últimos días coa Dirección Xeral de Mobilidade, da Xunta de Galicia, e co Concello de Santiago. Ademais, en dita xuntanza, realizada esta semana coas asociacións veciñais de Ortoño, Bugallido e Biduído, acordouse presentar unha moción para a reactivación da liña de transporte e que buscará o consenso de toda a Corporación municipal.

En dita xuntanza acordouse solicitarlle á Xunta de Galicia, como Administración competente do transporte público, a instauración dunha liña directa con Santiago que dea cobertura de transporte a toda a veciñanza afectada pola retirada do transporte urbano de Santiago que daba cobertura ata o pasado 23 de decembro. O Goberno municipal e mailas asociacións acordaron presentar unha moción para o vindeiro pleno onde se reclame por parte de toda a Corporación municipal este dereito básico para a veciñanza do rural amesá e da primeira coroa de influencia metropolitana de Santiago.

O alcalde de Ames, Jose Miñones, informou á veciñanza dos temas falados na xuntanza mantida o pasado luns 11 de xaneiro coa Dirección Xeral de Mobilidade. Dende Mobilidade instaron a que o Concello de Ames faga un convenio co Concello de Santiago, para reactivar a liña municipal que viña facendo este servizo. Isto para o Concello de Ames supón unha total falta de asunción de responsabilidades por parte de quen ten a competencia delegada en materia de transporte.

O rexedor municipal explica que "non ten sentido que se nos obrigue a asumir o transporte de Ortoño, Bugallido e Biduído porque a Xunta non tivese contemplado dito contrato na nova licitación que acaba de aprobar e poñer en marcha. O Concello non vai a asumir máis competencias impropias e que supoñan preto de 80.000 euros ao ano”.

Pola súa parte, O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, confirmou que Raxoi non tería problema algún en ampliar a línea de autobús que durante décadas chegaba ata Ortoño, sempre e cando Santiago non asuma o coste económico desta ampliación da liña.

Por outra banda, dende o PP de Ames sinalan que tanto Santiago de Compostela como a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade deixaron claro por activa e por pasiva que a restitución da liña pasa pola firma dun convenio entre o concello de Santiago de Compostela e o de Ames, tal e como declararon publicamente ambas administracións, de feito, o alcalde Bugallo, dixo textualmente que “estaría dispuesto a dialogar y colaborar "estimando o custe para Ames no entorno de 80.000 €.

Sinalan que o Concello de Ames pode costear perfectamente esta liña porque ten un remanente de tesouraría de 8.313.233,75 €, tal e como consta no informe conxunto de Intervención e Secretaría de data 5 de outubro do ano 2020, no que se informaba favorablemente para que o concello puidera afrontar gastos diversos.


Comentarios
Lo más