Menos frío, pero moita chuvia

Menos frío, pero moita chuvia
Menos frío, pero moita chuvia

As temperaturas oscilarán entre os 9 e os 13 graos en Santiago

Non se agardan cambios para o xoves, xa que Galicia continuará na influencia das borrascas, con entrada sucesiva de frontes. Así, os ceos estarán nubrados con chuvias, ocasionalmente de forte intensidade e poderán ter carácter treboento. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes en toda a franxa costeira e zonas altas.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios. Vento forte do Sudoeste o mércores pola mañá; forte do Sudoeste o xoves pola mañá; e forte do Sudoeste o xoves pola noite.

Comentarios
Lo más