Cortes de tráfico en Benéfica de Conxo e San Lázaro por obras no Camiño

Cortes de tráfico en Benéfica de Conxo e San Lázaro por obras no Camiño
Cortes de tráfico en Benéfica de Conxo e San Lázaro por obras no Camiño

No marco das obras do Camiño de Santiago na zona de Conxo, e co fin de acometer as obras pendentes na rúa Benéfica de Conxo, entre a nova rotonda de Televés e o Campo de Conxo, é preciso o corte total desa zona ao tránsito de vehículos dende o vindeiro luns, 25 de xaneiro, e polo prazo dun mes. A duración estará supeditada ás condicións meteorolóxicas.


Desvíos

- Os vehículos con orixe ou destino na rúa da Fervenza desviaranse polas instalación do SERGAS ata ou dende a rúa Ramón Baltar.

- Os vehículos que procedan de Santa Marta a través da rúa Travesía de Conxo de Abaixo non poderán acceder á rúa Benéfica do Conxo. O desvío estará sinalizado na intersección da Travesía de Conxo de Abaixo e a Travesía de Conxo de Arriba.

- Os vehículos que circulan pola Benéfica de Conxo en sentido Campo de Conxo deberán cambiar de sentido na nova rotonda de Televés, tal e como se está facendo na actualidade.

- A afección máis importante prodúcese no acceso ao Campo de Conxo dende a rotonda da SC-20. Só se permitirá o acceso a residentes, cargas e descarga e servizos imprescindibles.

Corte de tráfico na SC-20

Tamén por mor dos traballos de acondicionamento do Camiño de Santiago, neste caso ao seu paso sobre a rotonda da SC-20, entre Tangueiro e San Lázaro, está previsto o corte da SC-20 as noites de luns 25 a martes 26, martes 26 a mércores 27 e mércores 27 a xoves 28 en horario de 22:00 a 6:00 de mañá.

O corte será en ambos sentidos de circulación e o desvío efectuarase subindo o tráfico da SC-20 á rotonda para que logo poidan incorporarse de novo.

Comentarios
Lo más