O alcalde de Santiago recibe unha representación da asociación Executivas de Galicia

O alcalde de Santiago recibe unha representación da asociación Executivas de Galicia
O alcalde de Santiago recibe unha representación da asociación Executivas de Galicia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, reuniuse hoxe coa presidenta da asociación Executivas de Galicia, Carla Reyes, e coa vicepresidenta da entidade, Lidia Enrich. Presentáronlle ao rexedor distintos proxectos, entre eles un obradoiro de emprego feminino que ten como obxectivo impulsar a mellora de empregabilidade das mulleres.

Executivas de Galicia é unha asociación de mulleres profesionais que exercen en diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados. A entidade desenvolve numeros proxectos co obxectivo de incrementar a visibilidade e recoñecemento da muller en todos os sectores, así como a igualdade de oportunidades e a mellora de emprego.


Tratase,segundo explica na súa web, dunha asociación aberta de mulleres independentes que se uniron para colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse o empoderamento feminino como motor de futuro e axente clave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Con este obxectivo promoven o liderado da muller en todas as súas áreas, creando, ademais, un espazo colectivo onde compartir experiencias, emprender accións e tecer alianzas que axuden ao crecemento persoal e profesional das mulleres. 

Comentarios