Un gromo de coronavirus no Hospital Psiquiátrico de Conxo deixa 36 positivos

Un gromo de coronavirus no Hospital Psiquiátrico de Conxo deixa 36 positivos
Un gromo de coronavirus no Hospital Psiquiátrico de Conxo deixa 36 positivos
Realizáronse catro cribados logo de detectarse o primeiro contaxio na noite do 11 de xaneiro

Un gromo de Covid-19 detectado no Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela, afecta a un total 36 persoas, dos que 17 son traballadores do centro e 19 pacientes.

Así o informaron fontes da área sanitaria de Santiago, que explican que o primeiro caso foi detectado na noite do 11 de xaneiro, cando un paciente deu positivo.  Ante iso, segundo sinalan estas fontes, realizouse un primeiro cribado a todo o persoal e pacientes do centro xa o día 12. Desde esa xornada, realizáronse un total de catro cribados para detectar posibles casos, nos que se rexistraron os positivos de 17 traballadores e 19 pacientes.

En concreto, no Hospital Psiquiátrico de Conxo reciben atención unhas 200 persoas e outros tantos traballadores, segundo sinalan estas fontes. Detallan que debido á situación sanitaria restrinxíronse as saídas dos pacientes así como as visitas.

A área sanitaria de Santiago subliña que desde o inicio da pandemia se puxo en marcha un plan específico de continxencia e prevención neste centro, no que tamén se levou a cabo a formación dos profesionais. 

Comentarios
Lo más