Domingo de chuvia en Compostela

Domingo de chuvia en Compostela
Domingo de chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 12 graos

Durante o domingo Galicia estará unha situación intermedia entre altas e baixas presións, con circulación do oeste, que deixará moita humidade, sobre todo nas provincias atlánticas. Deste xeito, os ceos estarán anubrados, con precipitacións que serán máis probables canto máis ó oeste, sendo xeneralizadas cara á noite en todo o territorio. As temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do sudoeste, frouxos en xeral, con intervalos fortes no litoral norte.

En Santiago teremos ceos con nubes e claros ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo tenderán a estar moi anubrados. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas sen cambios.



Comentarios
Lo más