Os efectos da pandemia nos 'Luns do Ateneo'

Os efectos da pandemia nos 'Luns do Ateneo'
Os efectos da pandemia nos 'Luns do Ateneo'

José Manuel Sabucedo, Catedrático de Psicoloxía Social, ofrece este luns día 25 unha conferencia titulada «Comportamento social en tempos de crise e pandemia»

Este luns, 25 de xaneiro, ás 20.00h o Ateneo de Santiago ofrece unha conferencia titulada «Comportamento social en tempos de crise e pandemia», que será impartida por José Manuel Sabucedo, Catedrático de Psicoloxía Social e Premio de Investigación de Galicia.

A pandemia trouxo consigo innumerables cambios para todos e cada un de nós: tivemos que adaptarnos a novas medidas que se fixeron imprescindibles para a contención do virus e, xa que logo, vímonos na obriga de cambiar o noso comportamento e esquecernos de certos hábitos que formaban parte do no noso día a día. Así pois, na charla abordarase o análise dos procesos psicosociais e factores contextuais que favorecen ou dificultan a asunción dos comportamentos de prevención da Covid, así como algunhas das consecuencias sociais e políticas que se poden derivar da pandemia.

José Manuel Sabucedo Cameselle é catedrático de Psicoloxía Social na USC, coordinador do grupo SOSOYPA e membro da asociación estratéxica CRETUS. Recibiu o Premio Galicia de Investigación (2006) e o Premio da Real Academia Galega das Ciencias (2020). Foi promotor e primeiro presidente da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social (SCEPS), e editor da International Journal of Social Psychology. A súa labor investigadora céntrase no estudo de procesos psicosociais básicas e na súa aplicación a diferentes ámbitos aplicados: conduta política e medio ambiente. Dirixiu 21 Teses de doutoramento, liderou o participado en 19 proxectos de investigación internacionais, estatais e autonómicos e editou 19 libros, 25 capítulos e máis de 100 artigos en revistas académicas.

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir por medio da plataforma Zoom, a páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:


Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e enviarse ao WhatsApp do Ateneo 622 274 110.

Comentarios
Lo más