Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal

Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal
Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal

O alcalde e a concelleira de Educación de Brión entregan os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Educación, Sandy Cebral, veñen de entregar os premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame destinado á poboación escolar dos centros de ensino do municipio. Un acto que tivo lugar nas instalacións do CEIP de Pedrouzos e no que os nenos e nenas premiados recibiron vales de 30, 25 e 20 euros intercambiables por libros, xogos ou material escolar.

Lago Sanmartín agradeceu a colaboración do profesorado do CEIP de Pedrouzos, da escola infantil municipal e das unitarias de Sabaxáns e dos Ánxeles, representados polo director do CEIP de Pedrouzos, Xoán Cabo Pérez. Despois dunha nada doada selección, o xurado deu a coñecer o seu veredicto e escolleu as que considera mellores postais deste ano: 

1º CICLO DE PRIMARIA

1º Premio: Valeria Vento Freire de 2º B

2º Premio: Brais Álvarez Mariño de 1º C

3º Premio: Bruno Patiño Márquez de 1º B

2º CICLO DE PRIMARIA

1º Premio: Martín Gorgal Sabugueiro de 4º C

2º Premio: Gonzalo Boullón Leis de 3º C

3º Premio: Antón Bóveda González de 3º B

3º CICLO DE PRIMARIA

1º Premio: Lúa López Rodríguez de 6º B

2º Premio: Paula Villamarín García de 5º C

3º Premio: Iria Galán Martínez de &º C

Ademais, levaron un libro en galego de agasallo as 19 crianzas finalistas, así como un vale colectivo para o CEIP para libros ou material escolar. De igual forma, o alumnado da escola infantil municipal e das unitarias dos Ánxeles e Sabaxáns que participou no concurso tamén recibiu un libro de agasallo e un vale colectivo para cada centro.

A concelleira de Educación destacou que “por primeira vez, as tarxetas premiadas foron empregadas como felicitación do Nadal do Concello de Brión e foron entregadas en todas as casas do municipio xunto ao segundo volume do libro Brión en fotos e a revista Altamira”.

Comentarios
Lo más