Ceos anubrados e chuvia para comezar a semana
08:00 25/01/21
08:00 25/01/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 13 graos
O luns unha fronte estacionaria deixará un día de ceo cuberto en xeral con precipitacións xeneralizadas en Galicia, menos frecuentes pola tarde no terzo norte. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de dirección variable.
En Santiago, ceos moi anubrados en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o domingo, o luns e o martes. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado.