Oroso presenta un libro que repasa a historia do antiga liña de ferrocarril Santiago-A Coruña

Oroso presenta un libro que repasa a historia do antiga liña de ferrocarril Santiago-A Coruña
Oroso presenta un libro que repasa a historia do antiga liña de ferrocarril Santiago-A Coruña

O alcalde, Manuel Mirás, destaca o traballo do historiador Manuel Pazos sobre “o vello camiño de ferro e a súa trascendencia social”

. O salón de plenos do Concello de Oroso foi o escenario da presentación do libro ‘Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compstela – A Coruña”, do historiador local Manuel Pazos.

O traballo, editado por Obradoiro de Historia e patrocinado polo Concello de Oroso, repasa a historia da antiga liña de ferrocarril de 75 quilómetros, 12 estacións, dous apeadoiros e 19 túneles.

Unha liña pola que transcurrirá a primeira Vía Verde da provincia, un proxecto polo que pelexou o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, desde o ano 2005 e agora por fin xa é unha realidade. “Estou moi satisfeito como alcalde de apoiar este libro, que recolle a memoria dunha liña de ferrocarril, pero tamén a memoria dunha sociedade e dunha época”, explicou Mirás,

“Foi unha pena perder a liña de ferrocarril da que fala este libro, xa que a conservación da súa estrutura era compatible coa posta en marcha da Vía Verde”, engadiu o alcalde de Oroso.

Pola súa parte, o autor do libro, Manuel Pazos, destacou “a importancia que tiña o ferrocarril no tecido social e a súa vinculación con circunstancias tan galegas como a emigración, xa que moitos emigrantes marchaban no tren”.

“Tiven a idea de facer o libro hai uns dous anos; quixen combinar os datos sobre a liña de ferrocarril con un amplio arquivo fotográfico, ademais de textos e poemas de escritores e escritoras da zona, xa que o tren era tamén unha referencia para eles”, afirma Pazos.

O libro ten un elevado valor histórico e documental. De feito, o autor xa recibiu numerosas peticións de asociacións de amigos do ferrocarril de toda España e desde o Concello de Oroso farase chega ás principais administracións galegas e estatais.

Comentarios
Lo más