O alcalde confía en resolver favorablemente máis de 800 solicitudes da segunda convocatoria de axudas

O alcalde confía en resolver favorablemente máis de 800 solicitudes da segunda convocatoria de axudas
O alcalde confía en resolver favorablemente máis de 800 solicitudes da segunda convocatoria de axudas

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou que xa se abonaron as axudas destinadas aos sectores máis afectados polas medidas anticovid convocadas nos meses de abril e maio pasado

Sobre a segunda convocatoira, a do mes de decembro, afirmou que "a nosa intención é pagalas entre este semana e a vindeira", unha vez remate o traballo administrativo de introducir os datos nas bases informáticas. Son unhas 1.200 solicitudes, aproximadamente, das que segundo o cálculo do rexedor, se poderán atender "algo máis de oitocentas".

Sánchez Bugallo calcula que das solicitudes correctamente presentadas, poderanse atender todas as relacionadas co ámbito cultural e co sector hosteleiro, "pero non todas as do ámbito do comercio, que teremos en conta para a próxima convocatoria", que está previsto que saia en abril ou maio. O alcalde informou que xa se remitiu á Deputación provincial a proposta de convenio para o reparto do millón de euros que aporta o organismo provincial, que espera "sexa aprobada no pleno extraordinario" que se celebraría a mediados do próximo mes.

O rexedor agradeceu aos traballadores do concello compostelá os seus esforzos para poder resolver a convocatoria canto antes; e recordou que nunca "na historia de Santiago, se atenderon máis de 800 subvencións nunha convocatoria, pero tampouco nunca vivimos unha situación como esta". Unha situación excepcional, engadiu, na que "estamos adoptando medidas excepcionais para facerlle fronte e para compensar os seus efectos.

Orzamentos
Por outra banda, o alcalde avanzou que o goberno municipal está traballando coas previsións de que o pleno de orzamentos para 2021 se celebre o 25 de febreiro. Recorda que se van presentar o venres próximo, polo que queda case un mes por diante, "tempo suficiente para debatilos e para poder realizar as aportacións correspondentes". 
Comentarios
Lo más