O Concello persoase en catro procedentementos contra a Axencia de Turismo de Galicia

O Concello persoase en catro procedentementos contra a Axencia de Turismo de Galicia
O Concello persoase en catro procedentementos contra a Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta de Goberno Local, reunida este luns, acordou o persoamento do Concello de Santiago, para a defensa dos intereses municipais, en catro procedementos tramitados polo Xugado do Contecioso. Son catro procedementos similares, contra a Axencia de Turismo de Galicia, pola cancelación da inscrición de distintos inmobles no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas. O fundamento da resolución impugnada en todos eles é o acordo plenario de modificación do PE-1 sobre pisos turísticos (artigo 41.5 do Decreto 12/2017, do 21 de xaneiro). Ademais, deuse conta dun convenio, da concesión dunha axuda, e aprobáronse tres licenzas de obra.



En concreto, deuse conta da adhesión do Concello de Santiago de Compostela ao convenio de colaboración subscrito o 18 de decembro de 2020 entre a Vicepresidencia primeira e consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a consellería de SAndiade, o Servizo Galego de Saúde, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a realización de programas de atención e protección da saúde. Mediante este convenio, o goberno galego contribuirá ao financiamento de programas de axudas para Unidades Asistenciais de Drogodependencias UADs con 533.969,92 euros. Un programa, que segundo sinalou o alcalde, e ven aplicando "desde medidados do mes de marzo, ao longo do ano pasado, e que permitiu incrementar o número de familias que estaban sendo atendidas por este servizo".

Tamén se deu conta da concesión dunha axuda por importe de 183.768 euros, ao abeiro do Programa extraordinario de apoio na contorna familiar para a atención temporal e urxente como consecuencia da pandemia creada pola COVID19, durante o período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 30 de novembro de 2020.

O executivo local tamén aprobou a concesión de tres licenzas. A primeira, unha licenza de obra nova para unha residencia canina no lugar de Fontao, cun orzamento de execución material de 143.562 euros. A segunda, para a construción dunha nave comercial sen uso na rúa do País Vasco, no polígono industrial da Sionlla, cun orzamento de execución material de 2.137.274 euros. E a terceira, unha licenza para ampliación dunha nave industrial destinada á fabricación de mamparas divisorias na rúa da Comunidade Valenciana. 
Comentarios
Lo más