Suben as temperaturas, pero segue a chuvia

Suben as temperaturas, pero segue a chuvia
Suben as temperaturas, pero segue a chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 13 graos

Aínda que durante esta xornada as altas presións iranse achegando a Galicia o vento do suroeste traerá moita humidade. Polo tanto, o ceo estará cuberto en xeral con precipitacións febles, máis probables na franxa atlántica, pero que ocasionalmente poderían afectar a outros puntos da Comunidade. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo do suroeste.

En Santiago, ceos moi anubrados en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o luns pola mañá, do luns pola noite ó martes pola tarde e o xoves pola noite. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios.


Comentarios
Lo más