Reclaman máis vixiancia policial en Santa Marta

Reclaman máis vixiancia policial en Santa Marta
Reclaman máis vixiancia policial en Santa Marta

A concelleira Beatriz Cigarrán advirte do abandono do barrio, para o que pide tamén maior vixilancia policial ante indicios de inseguridade nalgún punto concreto

O Grupo Popular, mediante unha iniciativa que a concelleira, Beatriz Cigarrán, presentará no Pleno do vindeiro xoves, reitera as demandas recollidas entre a veciñanza de Santa Marta que xa foran trasladadas o ano pasado ao Goberno local en dúas ocasións sen que ata o de agora foran atendidas. Son melloras relativas principalmente a unha maior limpeza, dotación de papeleiras, renovación e ampliación de colectores de lixo e pulido dos bordes das beirarrúas, que aínda seguen a ocasionar danos nas rodas dos vehículos e supoñen un potencial perigo para as persoas.

“Aínda que nas dúas ocasións anteriores, en xaneiro e xuño do ano pasado, o concelleiro de Obras e a concelleira de Medio Ambiente mostraron a súa intención de abordar estas demandas, mesmo antes de rematar o ano, o certo é que en Santa Marta todo segue manga por ombro. Por iso, a veciñanza segue a demandar aínda as mesmas cuestión ás que xa se van sumando outras novas”, sinala a concelleira popular,  que engade entre as cuestións máis próximas a solicitude de atención ao mal estado dunha cabina telefónica de uso público na Avenida da Liberdade e  unha maior vixilancia policial nalgún punto concreto, coa posible asistencia dos servizos sociais pola presenza de persoas supostamente relacionadas co consumo e tráfico de estupefacientes.

Para os populares o barrio de Santa Marta, a pesar da moderna traza urbanística en boa parte do seu ámbito, segue a presentar unha gran deficiencia de equipamentos públicos, de áreas de lecer e de adaptación dos seus servizos ás necesidades dunha veciñanza que con insistencia vén reclamando unha atención por parte do Concello que poña fin ás súas carencias.

Comentarios
Lo más