Amplíase ata o 31 de xaneiro o prazo para empregar os bonos desconto da campaña "Este nadal agasalla deseño"

Amplíase ata o 31 de xaneiro o prazo para empregar os bonos desconto da campaña "Este nadal agasalla deseño"
Amplíase ata o 31 de xaneiro o prazo para empregar os bonos desconto da campaña "Este nadal agasalla deseño"

A campaña tamén contemplou a realización dunha serie de obradoiros a cargo de mestres ourives que tiveron lugar na praza de Abastos.

O departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración coa Asociación Ourives de Compostela, dada a sigularidade da Ourivaría co seu lugar destacado na historia da cidade, puxo en marcha a campaña "Este Nadal regala deseño" co obxetivo de fomentar as compras no comercio de proximidade. A iniciativa incluía unha campaña de bonos desconto por valor total de 7.000 € para trocar nos establecementos que forman parte da Asociacion de Ourives. A data para empregalos amplíase ata o 31 de xaneiro.

Cada tenda dispuxo do mesmo importe de descontos que repartiu entre os seus clientes segundo o importe da compra realizada. O desconto mínimo era de 5€ para compras entre 20€ e 30€. Un 20% de desconto para compras entre 31€ e 50€ e un 25% para as que superasen os 51€ . O importe máximo chegaba aos 100€. As compras debían realizarse mediante tarxeta ou transferencia bancaria. Quen teña un destes bonos disporá de tempo ata o vindeiro 31 de xaneiro para facelo efectivo.


Comentarios