A chuvia da unha pequena tregua

A chuvia da unha pequena tregua
A chuvia da unha pequena tregua

As temperaturas oscilarán en Galicia entre os 12 e os 13 graos

O mércores Galicia estará situada entre as altas presións ao sur de Portugal e unha borrasca ao suroeste de Irlanda, permitindo un corredor de ventos de compoñente sur. Así, o ceo estará cuberto na metade oeste con algunha precipitación na franxa atlántica. Na metade leste do territorio e norte das provincias de A Coruña e Lugo os ceos presentarán alternancia de nubes e claros. As temperaturas estarán sen cambios. O vento soprará frouxo de compoñente sur na primeira metade do día aumentando a forte cara á tarde e noite no terzo norte.

En Santiago prevense ceos moi anubrados nas próximas datas. Haberá precipitacións  o xoves e o venres. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios. Vento forte do Sudoeste o venres pola noite.

Comentarios
Lo más