Tempo gris e pasado por auga en Compostela

Tempo gris e pasado por auga en Compostela
Tempo gris e pasado por auga en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 13 graos

Situación intermedia entre as altas presións do sur da península Ibérica e as baixas das Illas Británicas. Isto continuará deixando ventos húmidos que farán que os ceos se presenten moi nubrados na franxa máis atlántica con precipitacións, abríndose claros no interior e no litoral norte. As temperaturas estarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados en xeral, fortes no litoral e terzo norte.

En Santiago, ceos moi anubrados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo predominarán con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente. Vento forte do Sur o venres pola tarde.

Comentarios
Lo más