O Centro Empresarial do Tambre acolleu unha reunión da Fegape onde se avanzou na súa proposta de lei de xestión dos parques empresariais de Galicia

O Centro Empresarial do Tambre acolleu unha reunión da Fegape onde se avanzou na súa proposta de lei de xestión dos parques empresariais de Galicia
O Centro Empresarial do Tambre acolleu unha reunión da Fegape onde se avanzou na súa proposta de lei de xestión dos parques empresariais de Galicia

Enviará en breve unha suxestión de texto lexislativo á Consellería de Economía para que a estude e proceda a súa tramitación

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) acolleu no seu centro empresarial un encontro de traballo da Federación Gallega de Parques Empresariales (Fegape) para avanzar no seu compromiso coa necesidade de que en Galicia se aprobe unha normativa autonómica específica que regule o funcionamento e a dinamización das áreas industriais da comunidade.

Asistiron á reunión moitos representantes de parques empresariais de Galicia, entre eles José Manuel Beceiro, xerente da Asociación del Área Empresarial del Tambre de Santiago de Compostela, Yolanda López, xerente da Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao, Alfredo Candales, xerente de Pocomaco (A Coruña), Francisco Domínguez, xerente da Asociación de Empresarios de Mos e Antonio Armesto, xerente da Asociación de Empresarios de O Ceao (Lugo).

A Fegape está rematando de elaborar unha proposta que fará chegar, en breve, á Consellería de Economía, Empresa e Innovación co obxecto de que o Goberno galego a estude e proceda a tramitar unha lei que é “fundamental para os usuarios dos polígonos industriais de Galicia”. A proposta de texto lexislativo aborda o financiamento da xestión dos parques empresariais e a obrigatoriedade de pertenza á entidade do polígono, entre outros asuntos.

Durante a xuntanza, revisáronse os artigos da proposta lexislativa que se vai trasladar á Xunta de Galicia. En breve, para expoñer a iniciativa, responsables da Federación manterán unha reunión co director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo que se sumará ás xa celebradas con Xestur e Suelo Empresarial del Atlántico. Neste senso, o presidente da Federación, Santiago Gómara, sinalou que “el cuidado trabajo que estamos desarrollando desde Fegape para impulsar una ley autonómica de modernización de parques empresariales, nos va a permitir contar con una propuesta de texto legislativo valiosa que, como iniciativa, haremos llegar a la Xunta de Galicia en breve”.

No acto, celebrado baixo a coordinación de Isaac Rodríguez, abordáronse modelos acertados de colaboración que existen en diferentes comunidades autónomas e que supoñen unha mellora no mantemento e  conservación dos parques empresariais. A Federación impulsa modelos de xestión que teñen en conta a necesidade de incrementar a colaboración público privada.

Comentarios
Lo más