Rois habilita dous números de teléfono para solicitar o servizo de compras esenciais

Rois habilita dous números de teléfono para solicitar o servizo de compras esenciais
Rois habilita dous números de teléfono para solicitar o servizo de compras esenciais

Esta iniciativa diríxese a poboación de risco e a familias que teñan que gardar corentena

Ante o incremento de casos de covid-19, o Concello de Rois préstase a facerlles compras básicas, coma alimentos e medicinas, a todas aquelas persoas residentes no municipio que non poidan saír da casa por ser poboación de risco en caso de contaxio ou porque están cumprindo a corentena. Para facer máis áxil este servizo, o Concello habilita os números de teléfono 981 804 109 e 689 223 509.

O Concello lembra que as persoas de idade avanzada e aquelas que sofren algunha patoloxía son o sector máis vulnerable ante o coronavirus e por iso prégalles non saír das súas casas para non manter contacto con outras persoas.

Así mesmo, e coa fin de frear a propagación do virus, pídelle a toda a veciñanza que realice todos os trámites posibles empregando medios telemáticos ou telefónicos. As oficinas municipais prestarán atención presencial só con cita previa, que pode concertarse no número 981 804 109.

Comentarios
Lo más