O CHUS, primeiro hospital público de España que ofrecerá un tratamiento pioneiro contra o Párkinson

O CHUS, primeiro hospital público de España que ofrecerá un tratamiento pioneiro contra o Párkinson
O CHUS, primeiro hospital público de España que ofrecerá un tratamiento pioneiro contra o Párkinson

Feijóo explica que será posible grazas á adquisición dun equipo de ultrasóns de frecuencia focalizado (HIFU) para o CHUS cun investimento de 2,4 M€

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, que Galicia contará co primeiro hospital público de España que ofrecerá un tratamento pioneiro contra o párkinson e o tremor esencial, e dos primeiros en Europa.

Será posible, dixo, grazas á adquisición dun equipo de ultrasóns de frecuencia focalizado (HIFU) para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), cun investimento de 2,4 M€, que permitirá avanzar no tratamento e na mellora das condicións de vida destes pacientes.

A este respecto, o presidente da Xunta lembrou que en Galicia padecen Párkinson 4.000 persoas e 35.000 tremor esencial. Neste senso explicou que deste novidoso tratamento, que terá unha eficacia clínica de polo menos cinco anos, poderán beneficiarse a metade dos pacientes de ambas doenzas para os que os tratamentos actuais non eran tan eficaces.

En definitiva, salientou, un salto adiante para paliar esta enfermidade e confirmar o CHUS como centro de referencia nacional para o tratamento dos trastornos de movemento.

Comentarios