Rois celebra o Entroido cun concurso de disfraces en liña e premios para gastar no comercio local

Rois celebra o Entroido cun concurso de disfraces en liña e premios para gastar no comercio local
Rois celebra o Entroido cun concurso de disfraces en liña e premios para gastar no comercio local

As persoas participantes deberán gravar un vídeo de ata dous minutos que se publicará no Facebook municipal

O Concello de Rois convoca este ano un concurso de disfraces en liña tras decidir suspender todos os actos presenciais do Entroido 2021 como medida de responsabilidade ante á grave situación sanitaria xerada pola Covid-19 e para evitar a propagación da pandemia.

A participación no concurso farase mediante un vídeo que non supere os dous minutos de duración. Esta gravación deberá pendurarse como comentario na publicación que anuncia o concurso no Facebook do Concello de Rois ou, no caso de non contar cun perfil nesta rede social, pódese enviar á dirección cultura@rois.es para que poida publicarse. Os vídeos poderanse mandar ata o 19 de febreiro incluído e deberán estar acompañados dun título para facilitar a súa identificación.

O concurso de disfraces está aberto a todas as persoas que o desexen, independentemente da súa idade, e contará con tres modalidades: individual, parellas conviventes e grupo de conviventes. Na primera delas, establécense cinco categorías por ano de nacemento. No caso das parellas, son tres as categorías.

O importe total dos premios ascensde a 1.250 euros que se repartirán en vales de desconto para gastar no comercio local de Rois. Os premios na categoría individual serán de 40€ para o primeiro clasificado e 30€ para o segundo das cinco categorías. No caso das parellas, será respectivamente de 60€ e 40€ tamén en cada categoría. E, para as comparsas, repartiranse tres premios dotados con 300€, 200€ e 100€.

Os vales poderán empregarse ata o 30 de xuño en comercios, bares e restaurantes, casas rurais e empresas de servizos ubicadas no municipio de Rois.

Para realizar a inscrición deberán presentarte cubertos os formularios publicados no anuncio do concurso realizado na páxina web do Concello: o Anexo I para individual e parellas e o Anexo II para grupos. Cada comparsa deberá nomear unha persoa representante.  

Comentarios
Lo más