Rois destina 620.000 euros para obras no POS e outros 171.000 para gasto social

Rois destina 620.000 euros para obras no POS e outros 171.000 para gasto social
Rois destina 620.000 euros para obras no POS e outros 171.000 para gasto social

As dúas propostas foron aprobadas por unanimidade

O Concello de Rois destinará este ano máis de 620.000 euros a obras, dentro do Plan Único dos Concellos, POS+ 2021 e o plan complementario da Deputación da Coruña. Tamén dedicará outros 135.000 euros a gasto social, dentro do plan especial aprobado polo organismo provincial. Estas dúas propostas foron aprobadas por unanimidade no pleno extraordinario celebrado  de xeito telemático.

No Plan POS+ 2021 da Deputación, o Concello de Rois vai dedicar 222.159 euros a gastos correntes, e outros 178.290 euros a obras, dos que 57.241 serán aportados polo Concello e o resto pola Deputación. Esta partida inclúe o afirmado e acondicionamento da pistade Vilachán a Ponte da Pedra (65.168 euros); de pista que comunica Rubieiro e Socastro (66.983 €) e de pistas en Oín, Asneiros e A Eirexa (46.138 euros).

Polo que respecta ao plan complementario, cun montante total de 457.050 euros, a relación de obras inclúe tamén o afirmado e acondicionamento da pista que comunica a AC-301 con Bralo (113.095 €), a de Liñares a Bralo (77.735), da AC301 a Leroño e Casa do Vento (115.730) e de pistas no Pazo e de Cernán a Vilariño (92.049 euros).

O Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ Adicional 2021 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios contará este ano en Rois con 171.544 euros, dos que 134.642 son aportados pola Deputación, uns 17.000 polo Concello e outros 19.600 de ingresos públicos e privados.

A proposta do equipo de goberno, a Corporación aprobou hoxe a seguinte distribución de gastos: 25.544 euros para reforzo de persoal técnico, emerxencia social (33.000), axudas ás familias para gastos que faciliten a escolarización e compra de material informático (20.000 €). Para ampliar o servizo de axuda a domicilio en todas as modalidades (rehabilitación perruquería, podoloxía, comedor sobre rodas, etc) destinaranse 30.000 euros e outros 32.000 para respiro familiar. Outros 10.000 euros serán para compra de equipos de protección e 6.000 para axudas a persoas sen fogar. As medidas urxentes para atender a persoas vulnerables contan cunha partida de 15.000 euros.


Adxudicada a colocación de céspede artificial en Urdilde

Na sesión de hoxe, cos votos a favor de PP e BNG e a abstención do PSdeG, aprobouse a proposta da mesa de contratación para adxudicar a Excavaciones Ovidio a colocación de céspede artificial no campo de fútbol de Urdilde, por un importe de 275.922 euros máis IVE.

Comentarios
Lo más