Oroso fará unha nova senda peonil que conectará Oroso pequeno co parque fluvial do río Carboeiro

Oroso fará unha nova senda peonil que conectará Oroso pequeno co parque fluvial do río Carboeiro
Oroso fará unha nova senda peonil que conectará Oroso pequeno co parque fluvial do río Carboeiro

O Concello de Oroso informa á veciñanza do comezo das obras para facer unha nova senda, que conectará Oroso Pequeno co parque fluvial do río Carboeiro.

Os traballos comezaron hai uns días e a senda estará lista na primavera. O orzamento da actuación ronda os 160.000 euros.

A senda, de 1.450 metros, dará resposta a unha demanda veciñal, mellorando a seguridade viaria, a comunicación co centro e a mobilidade urbana, tal e como está recollido no Pacto de Alcaldes polo Clima (Paces).

“É un proxecto que tiñamos moitas ganas de facer, polo tránsito de peóns que hai nesta zona e polo patrimonio natural do percorrido da senda”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.

Ademais, a senda transcurre por un tramo do Camiño Inglés a Compostela, polo que aumentarán os servizos que reciben os peregrinos que pasan por Oroso.

Con esta iniciativa, o grupo de goberno da un paso más no seu plan integral para mellorar a seguridade viaria nas parroquias cunha rede de sendas peonís.

Comentarios
Lo más