Preocupación polo coste das reformas na avenida de Vilagarcía

Preocupación polo coste das reformas na avenida de Vilagarcía
Preocupación polo coste das reformas na avenida de Vilagarcía

O Grupo Popular vai solicitar explicacións ao Goberno local polos labores de seguimento e control da obra realizada para mellorar a repavimentación da Avenida de Vilagarcía, unha actuación iniciada na primavera de 2018 e recibida polo Concello en xaneiro de 2019

O anuncio realizado recentemente polo concelleiro de obras de que o Concello vai actuar nesta obra para reparar as deficiencias existentes, tal como indica a vicevoceira Popular, María Castelao, plantexa moitas dúbidas, posto que a acta de recepción da obra, por parte do Concello, se formalizou o 25 de xaneiro de 2019 e que, polo tanto, o prazo de garantía rematou o 25 de xaneiro do ano 2020, e dicir, hai máis dun ano.

O anuncio de novas actuacións para reparar o estado dunha rúa remodelada hai dous anos, como di a concelleira Popular, “evidencia a deixación de dous gobernos e pode supoñer que sexa o Concello o que ao final teña que asumir as deficiencias construtivas”.

Así, María Castelao preguntará no vindeiro Pleno ordinario se o Goberno local rexistrou algunha reclamación ante a empresa para esixir a reparación dos desperfectos presentes na obra e se agora, un ano despois de rematar o prazo de garantía, existe algunha forma para reclamar as necesarias reparacións.

A Popular tamén solicita información para coñecer cales son, en concreto, as deficiencias detectadas polo Concello nesta obra; mediante que procedemento administrativo vai acometer as obras anunciadas nesta rúa e cal é o custo estimado para a súa execución.


Antecedentes

A finais do pasado mes de xaneiro, o concelleiro de obras informaba publicamente da intención do Goberno de executar un “plan de acondicionamento” da obra levada a cabo na Avenida de Vilagarcía, cuxo proxecto foi aprobado en febreiro de 2017, adxudicado un ano despois por 341.702 euros e rematado a finais de 2018.

Durante as obras e, sobre todo, desde que se remataron os traballos, as queixas de boa parte da veciñanza polo resultado da obras foron constantes, sen que se tomara ningunha determinación por parte do Concello. Agora, o representante do Goberno recoñece que “a rúa está en moi mal estado e por iso vamos actuar na zona”. 

Comentarios
Lo más