Cortes de tráfico no Polígono do Tambre

Cortes de tráfico no Polígono do Tambre
Cortes de tráfico no Polígono do Tambre

Como consecuencia das obras do Camiño de Santiago que se están realizando no Polígono do Tambre, o vial que une a rúa das Mulas coa rúa de Boisaca (paralelo a muro do cemiterio), quedará cortado ao tráfico dende o luns 22 de febrero ata o 8 de marzo.

Tamén o luns 22 de febrero, dende as 8,00 ata as 17,00 horas, a rúa das Mulas estará pechada á circulación, no tramo comprendido entre a rúa María de los Ángeles de la Gándara e o tanatorio municipal, por mor do asfaltado da calzada. Poderán empregarse como rutas alternativas as vía Pasteur e La Cierva e as rúas do Tambre e María de los Ángeles de la Gándara.

De igual maneira, o luns, dende as 14,00 ás 20,00 horas, o entronque da vía Galileo co vial que se dirixe ao lugar de Garabal estará cortado tamén por obras de asfaltado da calzada.

Transporte urbano

Por mor das obras que teñen lugar na rúa das Mulas, a liña 8 e algunha prolongación a Son da liña 1 terán que desviarse do seu percorrido:

*Luns 22/2 entre as 8:00 e as 17:00 h: a liña 8 non poderá acceder á parada 620 no tanatorio de Boisaca, realizándose de xeito temporal na rúa José Villar Granjel, no lateral da escola infantil.

A liña iniciará de novo o percorrido cara ao centro xirando á esquerda na rúa das Mulas, rúa María de los Ángeles de la Gándara, vía La Cierva e rúa do Tambre continuando có seu percorrido habitual.

*Luns 22/2 entre as 14:00 e as 20:00 h: cortarase totalmente o acceso a Garabal desde o polígono. Este corte afecta a dúas prolongacións a Son que se realizan coa liña 1 (os pasos pola rúa da Senra das 14:40 e 18:25).

Nestes dous horarios, a liña continuará pola vía Edison, vía La Cierva (Mercagalicia) e retomará o seu itinerario cara Son de Arriba na ermida de San Silvestre.

Quedarán sen servizo nestes dous horarios as zonas de Garabal, Barral, As Pereiras e Bálsoma.

Comentarios