O proxecto Bodah avanza na xestión dos fluxos turísticos nas cidades patrimoniais

O proxecto Bodah avanza na xestión dos fluxos turísticos nas cidades patrimoniais
O proxecto Bodah avanza na xestión dos fluxos turísticos nas cidades patrimoniais

Os participantes no proxecto europeo "Big e Open Data para o desenvolvemento de novos procesos cara a xestión do patrimonio atlántico" (Bodah), liderado por Turismo de Santiago, celebraron hoxe a súa cuarta reunión. O encontro tivo lugar telematicamente con asistentes de entidades de España, Portugal, Francia, Escocia, Gales e Irlanda.

O proxecto Bodah ten coma obxectivo fortalecer un modelo de desenvolvemento sostible do turismo, dos fluxos de cidadáns e a redistribución dos seus impactos grazas ao uso de datos e de tecnoloxías intelixentes. No Bodah desenvolveranse novas ferramentas e solucións en liña cos cambios actuais do sector e integrando características propias dos destinos turísticos intelixentes.


En concreto, o Bodah ten por finalidade desenvolver ferramentas de xestión baseadas no uso de datos e das novas tecnoloxías que permitan conciliar os intereses da poboación local e dos visitantes e turistas nas cidades con centros históricos ou espazos de particular interés cultural ou patrimonial.

No proxecto Bodah participan Turismo de Santiago, Fundación Santa María La Real del Patrimonio Histórico, Fomento San Sebastián, Universidade Nova de Lisboa, Université de Pau et des Pays de l’Adour, Cork Institute of Technology, Glasgow Caledonian University e a Bangor University.

O proxecto, que comezou cunha reunión de lanzamento en Santiago en outubro do 2019, estaba previsto que rematase en decembro do 2021. Sen embargo, debido ao impacto do coronavirus, que fai imposible a recompilación de datos de visitantes e turistas, ampliará a súa realización e rematará no 2022.

O proxecto Bodah enmárcase no INTERREG Espacio Atlántico, un programa de financiación europeo que promove a cooperación transnacional en 36 rexións atlánticas de cinco países europeos. O Programa cofinancia proxectos de cooperación nos campos da Innovación e Competitividade, Eficiencia dos Recursos, Xestión de Riscos Territoriais e Biodiversidade, Patrimonio Natural e Cultural. 
Comentarios
Lo más