Touro investirá 253.000 euros na mellora das infraestucturas viarias a través do POS+ 2021

Touro investirá 253.000 euros na mellora das infraestucturas viarias a través do POS+ 2021
Touro investirá 253.000 euros na mellora das infraestucturas viarias a través do POS+ 2021

O Plan de Obras e Servizos da Deputación reflexa unha achega de 225.000 euros para financiar gastos correntes no Concello de Touro 

O Concello de Touro afrontará un investimento de 250.000 euros para mellorar as infraestucturas viarias do municipio. Os proxectos, aprobados no último pleno municipal do Concello de Touro, contarán co financiamento do Plan de Obras e Servizos 2021 (POS+ 2021) da Deputación da Coruña. O POS+ 2021 tamén disporá dunha achega provincial de 225.000 euros, que será aplicada ao financiamento de gastos correntes do Concello de Touro. Estas dúas partidas suman 478.000 euros. Por outra banda, o Concello de Touro tamén contará con 157.000 euros, a través do POS+ Adicional 1/2021, para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. 

Os proxectos que se desenvolverán nos próximos meses e que servirán para poñer ao día as infraestructuras viarias son a mellora das marxes do viario en Ribeira, que precisará dun orzamento total de 34.595 euros; o reforzo do firme do viario de Abelenda a Loureiros e outros, presupostado en 82.391 euros; a mellora do firme da pista de Subres a Mane (Cornado) e outro, con investimento de 84.592 euros; e a mellora do firme da pista da estrada Deputación a Lago, na parroquia de Quión, e outros, que contará cunha partida de 51.895. O total de todos estos investimentos chega ata os 253.000 euros. 

A Deputación da Coruña, tamén a través do POS+ 2021, apoia no Concello de Touro unha partida de 225.000 euros que irá destinada á financiación de gastos correntes. O Concello de Touro xa incorporou estas partidas no seu presuposto para o 2021, así como os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal dos investimentos incluídos no POS+ 2021. 

GASTOS SOCIAIS 

Ademáis, este ano Deputación da Coruña pon a disposición do Concello de Touro, a través do POS+ Adicional 1/2021, unha partida para financiamento de gastos sociais extraordinarios. Son un total de 157.330 euros. Neste apartado inclúense os gastos derivados de reforzo de persoal adscrito a servizos sociais (18.000 euros), os gastos para ampliar e dotar as partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás persoas soas ou familias, maiores, persoas con diversidade funcional, mulleres en risco de exclusión ou vítimas de violencia de xénero, con baixos ou nulos ingresos económicos, mediante axudas para a cobertura de necesidades básicas (50.000 euros); axudas as familias para gastos que faciliten a escolarización (6.330 euros); apoio para ampliar o servizo de axuda a domicilio (76.000 euros); reforzo dos servizos e axudas económicas para respiro familiar (3.000 euros); adquisición de EPIS (1.000 euros), e outras medidas que os servizos sociais consideren imprescindibles (3.000 euros). 

Comentarios
Lo más