Sábado de tormenta en Compostela

Sábado de tormenta en Compostela
Sábado de tormenta en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 13 graos

Unha fronte moi activa atravesará Galicia durante a primeira metade deste día, deixando chuvias que serán persistentes e localmente fortes sobre todo nas provincias atlánticas. ocasionalmente acompañadas de aparato eléctrico; as precipitacións faranse máis intermitentes e diminuirán en intensidade a partir do mediodía. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará do sur forte con refachos moi fortes no litoral e zonas altas ata o mediodía.

En Santiago teremos ceos moi anubrados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. Agárdanse precipitacións do venres pola mañá ó sábado pola noite e o domingo pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado aínda que oscilarán e máximas sen cambios. Vento forte do Sur do venres pola mañá ó sábado pola mañá.

Comentarios
Lo más