Domingo con chuvia pero en calma en Compostela

Domingo con chuvia pero en calma en Compostela
Domingo con chuvia pero en calma en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 12 graos

Tras o paso da fronte tan activa na xornada do sábado, o domingo será un día moito máis tranquilo, aínda que con restos de inestabilidade. Deste xeito, os ceos estarán nubrados, con chuvascos localmente treboentos, máis frecuentes no leste, de neve en cotas arredor dos 1200 metros. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas mínimas. Os ventos soprarán frouxos, do noroeste en xeral.

En Santiago o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados. Agárdanse precipitacións o sábado e o domingo pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado aínda que oscilarán e máximas sen cambios. Vento forte do Sur o sábado pola mañá.

Comentarios
Lo más