A semana comeza con sol

A semana comeza con sol
A semana comeza con sol

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 2 e os 12 graos

O luns Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Os ceos presentarán máis nubes pola mañá, con néboas matinais en zonas de interior, abríndose grandes claros pola tarde. As temperaturas mínimas estarán en lixeiro descenso, con xeadas no interior da Comunidade, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral, aumentando a moderado progresivamente, con intervalos fortes no litoral atlántico.

En Santiago teremos ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados. Haberá precipitacións o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios. Vento forte do Sur o martes pola noite.

Comentarios
Lo más