Aprobado o procedemento de reserva de praza nas escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío

Aprobado o procedemento de reserva de praza nas escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío
Foto de archivo
Aprobado o procedemento de reserva de praza nas escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío

O executivo municipal tamén aprobou as bases da convocatoria do "Premio Xohana Torres de Ensaio

A Xunta de Goberno Local aprobou os procedementos de reserva, admisión e matrícula nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2021-2022. O prazo de presentación das solicitudes para reserva de praza e traslado do alumnado actual, establécese entre os días 1 e 10 de marzo; e o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 16 de marzo ao 16 de abril de 2021.

O executivo municipal tamén aprobou as bases da convocatoria do "Premio Xohana Torres de Ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega. Ano 2021". Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou a ampliación do "obxecto das bases, ao estar demasiado pechadas", o que tivo como consencuencia a baixa presentación. O premio Xohana Torres divídese en dúas modalidades, ensaio e creación audivovidual, cunha dotación de 2.500 euros para cadansúa. O prazo de presentación dos traballos comeza o próximo 8 de marzo e remata o 29 de decembro de 2021 ás dúas da tarde.


Tamén se aprobaron as bases reguladoras dos premios "Santiago Deporte", que recoñecen publicamente ás persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2019/20 ou no ano 2020, segundo a modalidade deportiva que corresponda, contribuíron moi positivamente ao fomento da práctica de actividade física e do deporte entre a poboación compostelá. Os premios consistirán nun diploma acreditativo e unha medalla conmemorativa personalizada que serán entregados nun acto público. 

Subvencións
Na reunión do goberno local tamén se deu luz verde á solicitude de subvención do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021, para a execución do "Proxecto de modernización das instalacións de alumeado público no cemiterio e Boisaca e accesos", por importe de 39.384,91 euros, IVE incluido. A maiores, aprobouse a memoria explicativa para concorrer as subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para adquisión dun vehiculo todoterreo para as labores do "Proxecto de Sendas Peonis dos Xiros aos Montes de Compostela" por importe total de 39.500 euros.

Por outra banda, acordouse aceptar as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, divididas en dúas liñas de subvención, para:
-Liña 1: actuacións destinadas a favorecer a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos: adquisición de puntos limpos móviles: 69800 euros.
-Liña 2: actuacións destinadas á prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos, que se destinarían a fomento da compostaxe in situ (60.000 euros) e á recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais (100.000 euros).

Tamén se deu conta da concesión dunha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade, por importe de 45.000 euros, para o Centro de Información á Muller.
Son 30.000 euros para o periodo comprendido entre o 1 de abril de 2020 ata o 30 de novembro de 2020; e 15.000 euros para o cuatrimestre comprendido entre o 1 de decembro de 2020 ata o 31 de marzo de 2021. E informouse que a Consellería de Política Social asignou para o financiamento dos servizos sociais comunitarios no ano 2020 unha contía de 555.664,59 euros.

A maiores, tamén se deu conta da resolución de transferencias da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero, para o desenvolvemento de novas ou ampliadas competencias reservadas ás entidades locais no "Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o exercicio 2020", que outorga a contía de 17.920,25 euros ao Concello de Santiago de Compostela. O período para a realización das distintas actuacións, con cargo aos devanditos fondos, comprende desde o 1 de xullo de 2020 ata o 30 de xuño de 2021. 

Comentarios
Lo más