Último día sen chuvia en Compostela

Último día sen chuvia en Compostela
Último día sen chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 14 graos

Novamente durante a xornada do martes estaremos nunha situación entre altas e baixas presións, cunha fronte achegándose lentamente polo Atlántico. Deste xeito, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ó oeste de Galicia, con posibles orballos no litoral. As temperaturas experimentarán un ascenso, máis acusado nas mínimas. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes no litoral atlántico e zonas altas.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o mércores e o xoves. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso notable aínda que oscilarán e máximas en descenso lixeiro. Vento forte do Sur o mércores pola tarde.

Comentarios