Piden solucións para a contorna do pavillón municipal Quiroga Palacios

Piden solucións para a contorna do pavillón municipal Quiroga Palacios
Piden solucións para a contorna do pavillón municipal Quiroga Palacios

A  concelleira Popular, Beatriz Cigarrán, considera que é preciso que se leven a cabo tarefas de limpeza e se fose o caso de atención social ou de seguridade, para tratar de solucionar a situación que, segundo as nais e pais do alumando do centro educativo, se produce nos arredores desta instalación

A concelleira do Grupo Municipal Popular, Beatriz Cigarrán, solicitará ao Goberno local que se se adopten á maior brevidade as medidas necesarias -de limpeza e se fose o caso de atención social ou de seguridade- para tratar de solucionar a situación que, segundo as nais e pais do alumando do centro educativo, se produce nos arredores do pavillón municipal Quiroga Palacios.

A Popular subliña que, a pesar das queixas e das comunicacións cursadas polas persoas que perciben con inquedanza esta situación, o Goberno local non está a tomar en consideración esas demandas

Desde hai varias semanas, a comunidade educativa do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Cardeal Quiroga Palacios, onde se empraza o Pavillón Municipal do mesmo nome, veñen mostrando o seu malestar pola situación das vivendas e da rúa por onde se accede á entrada principal desta instalación deportiva na que se imparte a materia de educación física, e por onde son recollidos os escolares cando saen do comedor do colexio.

Na contorna da entrada deste pavillón, na rúa do Monte de Conxo, existen varias construcións que foron derrubadas e outras habitadas nas que, segundo as nais e os pais, se advirte a existencia de xiringas ou a presenza de menores que aparentemente non están escolarizados.

Comentarios