Reclaman labores de mantemento das pistas polideportivas e nas zonas verdes da súa contorna

Reclaman labores de mantemento das pistas polideportivas e nas zonas verdes da súa contorna
Reclaman labores de mantemento das pistas polideportivas e nas zonas verdes da súa contorna

O pavimento destas pistas está moi esvaradío, tanto pola falta de coidados como polas chuvias, o que dificulta ou mesmo imposibilita o seu uso ante o risco de caídas e lesións a persoas que adoitaban utilizar estes espazos

A concelleira Navia Rivas formuloulle unha pregunta ao grupo de Goberno para coñecer cando ten previsto realizar unha revisión da situación das pistas polideportivas e das zonas verdes da súa contorna para facilitar a súa utilización.

“O BNG recibiu queixas  da situación de deterioración en que se encontran as zonas verdes da contorna de diversas pistas polideportivas, ante a evidente falta de mantemento por parte da empresa concesionaria CESPA”, explicou Navia Rivas.

Ademais, o pavimento destas pistas está moi esvaradío, tanto pola falta de coidados como polas chuvias, o que dificulta ou mesmo imposibilita o seu uso ante o risco de caídas e lesións a persoas que adoitaban utilizar estes espazos para a práctica deportiva.

Esta situación repítese en diversas pistas espalladas pola cidade, como as das Fontiñas, Amio, Salgueiriños e Vite, entre outras, polo que urxe unha actuación para evitar que se sigan a estragar.

Comentarios
Lo más