Unha 'Xenerala do Ulla' ou a familia 'Aladín' entre os premiados no concurso de 'Disfraces na rede'

Unha 'Xenerala do Ulla' ou a familia 'Aladín' entre os premiados no concurso de 'Disfraces na rede'
Unha 'Xenerala do Ulla' ou a familia 'Aladín' entre os premiados no concurso de 'Disfraces na rede'

Na categoría infantil o primeiro premio foi para unha xenerala do Ulla e na modalidade familiar, para a familia Aladín.

O concurso de "Disfraces na rede", organizado pola rede de Centros Socioculturais, consistiu en enviar fotos, tanto de nenos e nenas, como de familias disfrazadas. As 72 imaxes recibidas etiquetáronse cos cancelos #Entroidonacasa ou #NoEntroidoPretodeTI e subíronse ao Facebook Centros Socioculturais Santiago de Compostela, así como aos distintos facebooks dos centros socioculturais; ao twitter @CSocioCulturais; a Instagram cssocioculturaiscompostela; e á conta de YouTube Rede Centros Socioculturais Compostela. 55 delas concursaban na categoría de infantil e 12 na modalidade familiar.


Entre as 72 fotos recibiron un total de 3.671 "gústame" ou "encántame". Escolléronse tres premiados por categoría. Na modalidade de infantil a primeira clasificada foi unha xenerala do ulla, con 350 "gústame"; a segunda a princesa Jasmín, con 264; e o terceiro disfraz premiado son uns trogloditas que recibiron 155 votos.

Na categoría familiar, a familia Aladín recibiu 303 "gústame", clasificándose en primeiro lugar. O segundo premio foi para unha familia troglodita, con 151 votos; e o terceiro para unha familia de coellos, que obtivo 130 apoios. Tamén houbo 5 fotografías que non entraron a concurso por non pertencer a ningunha das dúas categorías, e incluso participou unha mascota. Os premios, para os primeiros clasificados en cada unha das modalidades, consisten nun xogo educativa co que gozar en familia.

O programa da rede de Centros Socioculturais para este entroido contou con máis actividades, entre elas o "Meco na casa manda", ou a "Comparsa virtual", que consistiu na montaxe dun vídeo co título "Asalto ao 2021", realizado con fotos de "bandoleiros" do oeste. Foron unhas 60 persoas as que enviaron as súas fotos, coas que se lanzou o vídeo en redes o pasado martes, 16 de febreiro pola tarde, á hora en que, en anos pasados, comezaba o desfile de entroido polas rúas de Santiago. 

Comentarios