Entrega de premios aos gañadores do concurso "O disfrace invisible"

Entrega de premios aos gañadores do concurso "O disfrace invisible"
Entrega de premios aos gañadores do concurso "O disfrace invisible"

Os concelleiros de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Festas, Gonzalo Muiños, participaron na entrega de premios do concurso fotográfico "O Disfrace invisible", ao que se presentaron máis de 150 imaxes. A foto gañadora, dunha nena camuflada no cemiterio do parque de Bonaval; recibiu un premio de mil euros e foi presentada por Raquel, Álex, e Mara Bragaña Boo.

A foto gañadora, dunha nena camuflada no cemiterio do parque de Bonaval; recibiu un premio de mil euros e foi presentada por Raquel, Álex, e Mara Bragaña Boo. En segundo lugar clasificouse a proposta de Alejandro Passaretti, premiada con 500 euros, na que se camufla cunha das paredes da Cidade da Cultura. En terceiro lugar, premiada con 300 euros, quedou a foto de Sara Romero Martínez, "mimetizada" no escaparate de Sobrerería Iglesias, situada na rúa do Vilar. Os accésits, con premios de 100 euros cada un, foron para Miguel Orejas Serramo, que presentou a foto máis "graciosa", un señor maior disimulado no mural da super-avoa pintada nunha fachada da Rúa Romero Donallo; e para Susana Varela, que presentou a imaxe máis "máxica", un anxo que se confunde coa contorna da igrexa de San Martiño Pinario.

16141692632o PREMIO Alejandro Passaretti Pereira 9


Son, en total, 2.000 euros en premios repartidos entre as mellores fotografías, e entregados, ademais de polos concelleiros de Acción Cultural e de Festas; polos distintos membros do xurado do concurso, formado por Suso Pais e Marga Balboa, da "Asociación Cultural Cidade Vella"; a artista Mery Pais, e o ilusionista Kiko Pastur como director do Museo e organizador da actividade.

O xurado destacou a sorprendente creatividade e inxenio local de moitas das propostas fotográficas, onde os disfraces se camuflaron en localizacións emblemáticas da cidade. Das fotos presentadas, escolléronse 25, que se exporán en distintos centros socioculturais da cidade.

1614169333ACCSIT GRACIOSA Miguel Orejas Serramo 5



O concurso fotográfico "O disfrace invisible, organizado polo Museo da Maxia Kiko Pastur; contou coa colaboración do concello de Santiago e da Asociación Cidade Vella. Unha actividade adaptada ás medidas anticovid e pensada para celebrar o entroido "doutro xeito" que acadou, na súa primeira edición, unha participación notable. 

Comentarios