A concellaría de Cultura do Concello de Padrón envía un exemplar dos Bolechas sobre Rosalía de Castro a todas as crianzas das escolas unitarias

O Concello de Padrón enviou un agasallo aos nenos e nenas das escolas unitarias e de infantil municipais para conmemorar o Día de Rosalía, celebrado na xornada do 24 de febreiro.

 O obxectivo do departamento de Cultura, liderado por Lorena Couso, é achegar aos máis pequenos a paixón pola literatura como símbolo de identidade de Padrón. Posto que a situación da pandemia da Covid-19 impediu realizar todas as actividades que acostuman realizarse nesta xornada coas crianzas de Padrón, dende o Executivo local apostaron por enviar este exemplar para que dende as súas casas os cativos puidesen ter presente a Rosalía de Castro.

O exemplar enviado, “Os Bolechas. As miñas primeiras letras galegas. Rosalía de Castro”, ía acompañado dunha carta do alcalde para saudar as familias destes nenos e nenas e para desexarlles que desfrutasen en familia deste libro. “Queremos introducir aos nenos e nenas da nosa vila nesta tradición a través deste pequeno agasallo. Trátase dun libro no que as coñecidas personaxes dos Bolechas presentan a Rosalía de Castro e a súa obra, polo que pode supoñer un primeiro contacto coa escritora para os máis pequenos da casa”, sinala Antonio Fernández Angueira. 

Comentarios
Lo más