A Policía local localiza o autor dun atropelo a unha muller o pasado xoves que se dera á fuga

A Policía local localiza o autor dun atropelo a unha muller o pasado xoves que se dera á fuga
A Policía local localiza o autor dun atropelo a unha muller o pasado xoves que se dera á fuga

O equipo de Atestados da Policía local localizou ao condutor dun vehículo que atropelara unha muller o pasado xoves e que se dera á fuga. A falta de testemuñas complicou as pesquisas, pero grazas ao labor de investigación realizado polos axentes, o autor puido ser localizado.

O pasado xoves, 18 de febreiro, unha muller resultaba atropelada no carril de servizo de baixada da avenida do Cruceiro do Coruña mentres agardaba o autobús. O autor dos feitos abandonou o lugar, deixando a señora tirada na beirarrúa, soa e con diversas feridas.


A sección de Atestados iniciou a investigación, que se complicou pola falta de testemuñas. Non obstante, grazas ás cámaras de videovixilancia da zona púidose chegar a identificar ao autor dos feitos, a pesar de que o momento do atropelo non foi captado polas mesmas. A Policía local quere dar as grazas aos propietarios destas cámaras, que contribuíron de maneira decisiva a dar co condutor implicado nos feitos.

Unha vez finalizado o atestado, con todos os datos recabados durante a investigación, será remitido pola Policía local ao xulgado correspondente 

Comentarios