A semana termina con sol

A semana termina con sol
A semana termina con sol

As temperaturas oscilarán entre os 7 e os 17 graos en Santiago

Galicia quedará baixo influencia das altas presións centradas ao sur das Illas Británicas, que deixan un réxime de ventos do nordés. Con esta situación, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes na metade leste, con orballos no norte da provincia de Lugo e grandes claros no oeste. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso. Os ventos soprarán do nordés, con intervalos fortes na Costa da Morte.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o xoves pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que ascenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más