A área de Santiago pide "manter escrupulosamente" a prevención tras tardar 5 meses en baixar a risco intermedio

A área de Santiago pide "manter escrupulosamente" a prevención tras tardar 5 meses en baixar a risco intermedio
A área de Santiago pide "manter escrupulosamente" a prevención tras tardar 5 meses en baixar a risco intermedio

Mellora a situación epidemiolóxica da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza así como a presión asistencial dos seus centros sanitarios

 Actualmente a área se atopa nunha situación de risco intermedio, cunha Incidencia Acumulada a 14 días de 130. Un total de 5 meses tardou a área en pasar de Risco extremo a risco intermedio, mentres que a suba de risco intermedio a rismo extremo produciuse en tan só unhas semanas, acadando unha IA a 14d de 713 no pico máximo

Nestes últimos meses acadáronse cifras nunca vistas, cun pico de 301 casos novos de coronavirus nun día e un total de 3.445 casos activos simultaneamente.

210225 uci chus 06av



En virtude do Plan de Continxencia activáronse diferentes dispositivos extra para a atención a pacientes COVID (algúns non foi preciso utilizalos) xa que o Hospital Clínico chegou a ter 5 controis de enfermería de hospitalización convencional reservados para doentes COVID e tres unidades completas e unha parcial con doentes COVID en unidades críticas.

Así, a xerencia da área sanitaria de santiago fai un chamamento á poboación para que cumpra escrupulosamente coas medidas de prevención xa que a tensión nos centros sanitarios segue a ser importante.

Por outra banda, a área sanitaria compostelá continúa avanzar no Plan galego de vacinación fronte á Covid-19, polo que ata onte xa inmunizou a preto de 8.000 persoas coas dúas doses, mentres que máis de 21.500 recibiron a primeira dose.

210225 ucc chus 14av



Así, esta semana iniciouse a vacinación á comunidade educativa da área sanitaria compostelá, que se veu sumar á vacinación de maiores de 80 anos da área e a outros colectivos como os maiores e persoas con discapacidade que conviven en Centros Sociosanitarios, traballadores da sanidade pública, investigadores e diferentes profesionais sanitarios non vinculados ao Sergas, como médicos, enfermeiros, farmacéuticos, odontólogos, hixienistas dentais, fisioterapeutas, psicólogos ou logopedas, así como profesionais de apoio social como traballadores de Axuda no Fogar, de Centros de Día ou de Unidades Municipais de Axuda á Drogodependencia. 

Comentarios
Lo más